martes, 13 de julio de 2010

non quero pensar

Non quero pensar
que a noite me chegue
e me quede a soas
sin ter unha vela
que poida alumbrar

non quero pensar
que esté xa cansada
e co paso do tempo
e non teña un apoio
onde me cobixar

Non quero pensar
ainda de vella
se esquenzan meus soños
dos dias felices
que en versos soñei

Nin quero pensar
que esquenza os segredos
dos fermosos días
de paixón tan tolos
que non han volver

Quero estar segura
que cando me marche
leve tan só a nada...
porque nada teño
e nada ei perder...

Chegando o inverno os gorrións boan do niño...

Agora que se achega o inverno
e os meus ollos non ven máis aló
de onde teño a man dereita.

Agora que a folerpa branca
está a caer sobre dos meus hombros
e xa enterrou meu soño de xuventude
non ten presa porque o sol xa non quenta,

E so entón cando doume conta,
que os meus viuvos beizos,
están fríxidos e arden de febre
porque a fonte xa secou sen deixarme beber,
a auga que me calmara a sede,

Porque meus olliños, cegaron sempre a oscuras
sen saber si deixei de ser a rosa


Ou se agora tal vez,
vou convertida nunha ortiga moucha
que purga súas penaa,
vivindo sen vivir,nun mundo baldeiro,
Neste mundo, onde o gorrión vello perdeu seus paxaros
e olvidaron seu niño, e no seu piar escoita
agora a cantiga triste da soidade,
esa soidade que sobrevive as miserias,
arrastradas,polo chan sen poder alzar o seu voo
coas alas caídas...donde se pode escoitar,o eco de un miserere...

Carmen Patiño Fernández
Carmiña
A Coruña día 13 de xullo de 2010